Inscricións ata o 9 de febreiro.

Barbadás anuncia as súas actividades formativas do primeiro semestre

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación a través do Centro Empresarial Transfronteirizo do Concello de Barbadás, organiza para o primeiro semestre de 2022, diferentes actividades formativas.

O programa contempla obradoiros de procura de emprego, formación en tecnoloxías da información e a comunicación, manipulación de alimentos, manexo de carretillas elevadoras e operario/a de servizos de limpeza . Estes dous últimos, contarán con prácticas en empresas.

Actividades formativas primeiro semestre de 2022

ORDEN DE PREFERENCIA DE INSCRICIÓNS:
Empadroados/as no Concello de Barbadás preferentemente desempregados/as.
Prazas limitadas. Orde de inscrición por orde de entrada da solicitude

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Poderase presentar a ficha de inscrición polos seguintes medios:
No Rexistro Xeral da Casa do Concello de Barbadás.
Na Oficina Municipal de A Valenzá.
A través da Sede Electrónica do Concello de Barbadás

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 9 de febreiro de 2022, ámbolos dous incluídos.

As actividades, segundo a súa temática, desenvolveranse en distintos locais do Concello de Barbadás. A maiores, algunhas delas contarán con prácticas en diferentes empresas.
Local de formación de A Solaina. Parque da Solaina, A Valenzá – Barbadás
Casa da Mocidade. Rúa dos Diestros, 2 – A Valenzá – Barbadás
Centro Empresarial Transfronteirizo (CET). Lg/ O Pontón, 25 – Barbadás

Para máis información ou consulta de dúbidas, contactar co Centro Empresarial Transfronteirizo (CET). Teléfono: 988360413. Enderezo electrónico: cet@barbadas.es

SOURCE: Actividades formativas Barbadás