Preséntase o vindeiro xoves, 17 de febrero (ás 20.30h horas), no Salón Noble do Liceo de Ourense.

Novo número da Revista Nós, A Xente do Redor

Un número máis da revista cultural “Nós, a Xente do Redor” sae á luz. Nesta ocasión a súa presentación será na capital ourensá. Así, o vindeiro xoves, 17 de febrero (ás 20.30h horas), o Salón Noble do Liceo de Ourense será o lugar onde se realice a presentación do número 6 da publicación. Contará coa presenza de moitos dos seus autores.

Nesta ocasión, a encargada de ilustrar a portada foi a pintora Valdeorresa de Millarouso, Lola Doporto.
A revista conta tamén con ilustracións de pintores coma Paco Ascón, Miguel Ángel Martínez Coello, Maite Vázquez e Lidia Vilariño Álvarez, ademáis dos ilustradores e fotógrafos habituáis.

Novos autores
Neste número incorpóranse novos autores coma os novelistas, Jorge Emilio Bóveda e José Antonio Santos; os antropólogos, Manuel Mandianes e Rafael Quintía, que xunto ao elenco habitual conforman medio cento de persoeiros da nosa cultura.
Recóllese tamén unha sentida homenaxe ao noso amigo José Antonio Viñas que nos deixou nestas datas, fundador e director da Agrupación Cultural Queixumes Dos Pinos, con artigos de Javier Enériz, Marina Sanchez e Marila Abad e Avelino Jácome, así como o seu retrato a toda páxina feito polo marabilloso pintor, Miguel Ángel Martínez Coello.

SOURCE: Nós, a xente do redor