O plan de investimentos e modernización de parques multixogos levado a cabo na cidade pola Concellería de Medio Ambiente continua cos seus traballos.

Nova cancha multixogos do barrio da Milagrosa

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de inaugurar un novo parque multixogos na cidade, neste caso no barrio de A Milagrosa.

O investimento de 35.866,47 euros euros permitiu a instalación dun complexo multixogos no barrio para o fomento do deporte ao aire libre. A obra permitiu a remodelación completa do recinto, localizado no barrio da Milagrosa, ao carón da rúa Pasaxe Alfonso X o Sabio, incorporando equipamentos para novos deportes e que mellora o confort dos usuarios.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, lembra que en dous meses cumpriu a promesa de executar a primera fase do plan de canchas multixogos coa equipación de instalacións nos barrios da Ponte, Mariñamansa, O Couto, Barrocás e A Milagrosa.

“Estou moi satisfeito cos resultados de este plan, -indica Pumar-, xa que zonas deterioradas da cidade voltan a ter “vida” con familias e amigos desfrutando o aire libre do deporte”.

Pumar informa que o seu equipo da Concellería de Medio Ambiente xa traballa nas instalación que completarán o plan nos barrios das Lagoas, O Vinteún ou na zona centro.

A obra inaugurada hoxe súmase ás recentemente executadas no parque da A6, no barrio de Barrocás; no barrio da Ponte, ao carón do centro cívico pontino, e no barrio de A Cuña. Todas elas forman parte do plan da Concellería de Medio Ambiente que ten como obxectivo a execución de 10 actuacións no conxunto da cidade para o fomento do deporte ao aire libre dos cativos e non tan cativos da cidade.

As novas instalacións permiten a práctica de deportes como fútbol e baloncesto, entre outros, xa que a instalación conta con equipamento de porterías de 3 por 2 e de taboleiros de baloncesto. A estrutura do conxunto está formado por tramex pletina barilla composta por módulos con tubo pestaña, ao que se incorpora no seu chan céspede de ultima xeración para a práctica deportiva con seguridade. O conxunto da instalación conta con elementos antivandálicos para a súa conservación.

SOURCE: multixogos na Milagrosa