Comezarán o mércores, 2 de marzo.

Obras na Carballeira

O Concello de Ourense iniciará a vindeira semana os traballos de urbanización e humanización da rúa Vázquez Núñez, no barrio da Carballeira. Será a partir do mércores 2 de marzo, e a execución das obras prolongarase durante 5 meses. A obra ten un orzamento adxudicado de 361.911 euros, e a empresa encargada da execución é Cotoverde, Obras e servizos, S.L.

A actuación ten como obxectivo a substitución das redes e a mellora da mobilidade para a cidadanía. Con esta intervención, continúase coas obras de humanización e mellora dos barrios da cidade que desenvolve a Concellería de Infraestruturas.

A execución das obras fará necesario pechar a rúa á circulación de vehículos desde o día 2, aínda que seguirá permitido o acceso a garaxes, servizos de emerxencia e vehículos de carga e descarga. Os desvíos de tráfico para itinerarios alternativos están establecidos pola avenida de Portugal, rúa Nicomedes Pastor Díaz, travesía Fernández Alonso, e rúa Martínez Sueiro.

SOURCE: rúa Vázquez Núñez