Xa están á venda as entradas para as V Xornadas de Novela Histórica “Novas Miradas na Novela Histórica”, que se celebrarán os días 25 e 26 de marzo no Auditorio de Verín. As entradas para cada día teñen un prezo simbólico de 2 euros e que evite a retirada das mesmas sen completa seguridade de acudir as xornadas e así evitar que veciños e veciñas que desexen acudir queden sen elas tal e como aconteceu o ano pasado. Así mesmo todo o recadado será destinado ao fondo bibliográfico da Biblioteca e o conxunto de actividades para o fomento á lectura.
As entradas poden adquirirse na propia Biblioteca Municipal, e os días 25 e 26 no propio Auditorio de Verín. Así mesmo habilitouse unha conta bancaria (ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324) para realizar transferencia para os que non podan acudir á Biblioteca de Verín, debendo enviar por mail á conta biblioteca@verin.gal o xustificante da transferencia e o nome e apelidos, para que o persoal da biblioteca teñan apartadas as entradas que estarán ao seu dispor no auditorio de Verín os días das xornadas de NH.
Os autores e autoras que participarán este ano son Lorenzo Silva (Premio Planeta 2015), María Zabay, Víctor F. Freixanes (Presidente RAG), José Calvo Poyato, Alberte Blanco Casal e José Luis Corral. Todas as xornadas estarán amenizadas polo chelo do profesor do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada.
Toda a información sobre as V Xornadas de Novela Histórica pódese atopar na web creada exprofeso: www.novhis.bibliotecadeverin.es.
SOURCE: Xornadas de Novela Histórica