Será o vindeiro domingo, 27 de marzo, no Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Codeseda, Lalín.

Avelino Jácome presenta “Historias no Fumeiro, Antropoloxía do Sentimento”

Novo libro de Avelino Jácome, o escritor ourensán presentará este domingo, 27 de marzo, a obra titulada “Historias no Fumeiro, Antropoloxía do Sentimento”. E o fará no Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Codeseda, Lalín, ás 12 horas. Estará acompañado por Manuel Blanco Villar, director do Museo Etnográfico Casa do Patrón, e limiarista da obra; Javier Eneriz, crítico literario e autor do epílogo na obra; Miguel Ángel Martínez Coello, coñecido Pintor artista polifacético, que ilustra a obra con máis de 40 ilustracións orixinais; e Rafael Quintía Pereira, Antropólogo, Economista, Escritor e Documentalista, limiarista nesta obra.

En palabras do Antropólogo Rafael Quintía: “O libro que teñen nas mans está cheo de microcosmos, de lugares concretos situados entre a aldea e o mito, de sensacións, vivencias e emocións. De amor ao que somos e ao que fomos. Quen pode matar unha cegoña? Por que as almiñas precisan lampadiñas de aceite? Onde se pescan as mellores troitas no río? Por que na aldea todos axudan a todos? A que sabe a boroa con chourizo? Quen cantaba o Pedro Chosco? Como se soporta a dor da emigración? Quen detén á anturuxada? Como soa un subiote? Quen creou un paraíso chamado Ribas do Asneiro?”.

SOURCE: Historias no Fumeiro, Antropoloxía do Sentimento