Proxectaranse o luns 28 e martes 29, respectivamente.

O Cineclube Padre Feijoo trae dúas novas proxeccións: «Escribir o imposible» e «Días sen pegada». Os pases, coma sempre, na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello, 11).

O luns, 29 de marzo o ciclo «Luns de filmoteca» trae a proxección de «Escribir o imposible» de Simone Saibene.
A obra fala sobre o escritor Juan Tallón que pasa todo o día escribindo, sobre todo cando non escribe. Colabora con ‘El País’, ‘Jot Down’, ‘El Progreso’ e Cadena SER. Levas publicadas xa seis novelas. En 2020, dúas semanas antes do confinamento, presentou ‘Rewind’, un libro ambientado en Lión sobre a fraxilidade da vida, os golpes inesperados e as cousas que se perden para sempre. Narra a historia do proceso de creación de Rewind e como a nova realidade acabou facéndose coa ficción.
O propio Simone Saibene estará na presentación da sesión que será ás 20.30 horas. Entrada 2 euros socios, e 2,5 euros para non asociados.

E o martes 29 (20.30h entrada a 4 euros), dentro do sétimo ciclo do Colexio de Médicos chega a película «Días sen pegada».
Don Birnam (Ray Milland) é un escritor fracasado pola súa adicción ao alcol, unha adicción que o destruíu física e moralmente e converteuno nun home carente de vontade. Mentres siga bebendo, é quen de calquera cousa, incluso de roubar. Tanto a súa noiva (Jane Wyman) como o seu irmán fan todo o posible para rexeneralo, pero os seus esforzos parecen inútiles.

SOURCE: Cineclube Padre Feijoo