Novo número na rúa.

Novo número de Barrios

Neste número a portada trae o inicio das obras das escaleiras mecánicas na rúa Concordia, cuxa previsión será que estén rematadas a finais de ano. Entrevistamos Jorge E. Bóveda, autor do libro «Anoitece en Vulgaria». Verín recupera os festexos dos Maios. Prudencia é o que os ourensáns teñen coa nova medida da non obrigatoriedade das máscaras en interiores.

O 29 de abril, o Auditorio de Ourense acolle unha gala en beneficio dos refuxiados de Ucraína. A Xunta construirá unha pista cuberta no IES Ferro Couselo. Santomé cunta con audioguías para coñecer o castro. Viaqua e Concello de Ourense fan entrega dos premios «Relatos de auga intelixente».

En Xinzo iniciaron unha campaña para o bo uso de contedores de reciclaxe. A Deputación de Ourense apoia aos produtores de pataca facilitándolles maquinaria mecánica. As piscinas climatizadas contan cun baño de vapor. Un seminario pechou o Programa de Maiores. 2.000 euros repartiranse no concurso de narración Carlos Casares para escolares.

A DO Monterrei tivo boa acollida en Valencia e Madrid; ademais, a denominación firmou un convenio con Abanca. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, prepara un proxecto de autonomía enerxética. A asociación de empresarios de Verín, Aever, firma un convenio con Abanca cunha oferta de produtos e servizos a medida para os asociados.

En deportes, o COB pasa a primeira eliminatoria para o ascenso e agarda na seguinte Clavijo. O Sala Ourense, de 2ª B de fútbol sala está virtualmente salvado. En fútbol, Ourense CF e Barco disputan a fase de ascenso a 2ª RFEF.

Artigos, ocio, clasificado e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 163