Desde o outro lado da raia.

Perder peso sen gran esforzo

O noso corpo ten que ser unha máquina de queimar calorías e o peso volverá á normalidade. Hai profesionais da saúde que, para demostrar a súa capacidade, dan dietas extremas, que benefician por unha banda, pero perxudican pola outra. “Roma e Pavía non se fixeron nun día” e por iso deben utilizar métodos máis graduais día a día:
– A primeira hora da mañá bebe un ou dous vasos de auga e así comeza a limpeza orgánica. Como a auga estará no estómago uns 15 minutos, engade só unhas gotas de limón, xa que se botas en exceso, pode danar o estómago, sobre todo se sofres gastrite ou úlceras. O exercicio físico é obrigatorio para queimar calorías e durante o día beber ao menos oito vasos de auga.
– Cando se ten sobrepeso, normalmente se ten un sistema dixestivo lento e preguiceiro, e por elo é importante realizar unha limpeza de colon orgánica para eliminar toxinas; nas tendas de produtos naturais dan indicancións neste sentido. O azucre branco, as fariñas brancas, as gaseoas dietéticas son moi prexudiciais. Unha das razóns do sobrepeso é a hormona do crecemento presente na carne e os produtos lácteos non orgánicos.
– Coma ensaladas regadas con zume de limón e vinagre de sidra de mazá orgánico. Engada chile aos asados, aceleran o metabolismo e fan que o corpo queime máis calorías. Antes das comidas beber auga e comer froita, É importante comezar a comida cunha sopa ou rematala cun postre. Facer un xaxún parcial será o máis difícil. Unha dieta de zumes durante uns días desintoxica o organismo e elimina as células de graxa.
– A dieta paleolítica a siguen moitas persoas. Promove unha dieta rica en graxas monoinsaturadas, Omega 3, fibra, proteínas e a exclusión de alimentos procesados, ricos en zucre, sal e aditivos químicos. Unha das grandes vantaxes é tamén a ausencia de hidratos de carbono, de alto índice glucémico, responsable de moitas enfermedades actuais, Os resultados serán evidentes.

João Damião

SOURCE: Artigo de opinión de Joao Damiao