Combatindo estereotipos de xénero durante este verán.

O Espazo Coeduca converterá o CIMM nunha escola de detectives infantís

O Espazo Coeduca converterá o CIMM nunha escola de detectives infantís que combatan estereotipos de xénero. Así, o Espazo Coeduca de Verán, iniciativa que desenvolve a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, co financiamento do Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad, centrará as súas actividades estivais de conciliación en que os nenos e as nenas aprendan o valor da igualdade a través do xogo.

A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, anima “a todas as familias a que participen nunha actividade que non só axuda a conciliar a vida familiar e laboral, senón que forma as nenas e os nenos nalgo tan importante como a Igualdade e a rachar contra os roles de xénero”.

As familias interesadas poden anotar a cativada -de entre 6 e 12 anos- os días 13 e 14 de xuño nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres (rúa do Ensino, 24), en horarios de 09:30 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas.

As actividades do Espazo Coeduca desenvolveranse en dúas quendas (do 1 ao 29 de xullo e do 1 ao 31 de agosto), en horario de 09 a 14 horas.

SOURCE: Espazo Coeduca