Comezarán o venres día 8 e prolongaranse ata o luns 11 de xullo.

Allariz celebra as festas patronais de San Bieito

Os actos, organizados pola concellería de cultura do Concello de Allariz, comezarán o venres día 8 e prolongaranse ata o luns 11 de xullo. Máis de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz.

Música de rúa, orquestras, desfile de xigantes e cabezudos, agrupacións de música tradicional e baile, concertos da banda de Cúllar e actividades para a cativada, ademais dos actos relixiosos na honra de San Bieito, encherán un ano máis as rúas de Allariz.

A festa rematará, como é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00h dende o Campo de Vilanova.

Programación completa
Venres 8
17h Inchables e festa da escuma, no Arnado
21h Pasarrúas coa charanga Alambique de Pontevedra
23.30h Concerto – Broken Peach, na Barreira

Sábado 9
11.30h Desgile de xigantes e cabezudos, acompañados pola agrupación de Pé Feito, dende a Casa da Cultura
12.30h Pasarrúas coa charanga Achicoria de Xinzo
20.30h Concerto da Banda Unión Musical de Allariz, nos xardíns do Museo do Coiro
21.30h Baile coa orquestra Fuego da Coruña, na Barreira
00.00h Verbena coa orquestra Fuego da Coruña, na Barreira

Domingo 10
10h Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Cúllar, Granada
11h Procesión do Patrón da Vila, acompañado de xigantes e cabezudos, agrupación de Pé Feito, Banda de Música de Cúllar e o grupo de baile tradicional O Fiadeiro de Vigo. Ao remate terá lugar a misa solemne
12.30h Danza 3 co grupo de baile tradicional O Fiadeiro de Vigo, na praza do Matadoiro
13.30h Concerto da Banda de Música de Cúllar, Granada, na Alameda
20.00h Concerto da Banda de Música de Cúllar, Granada, na Alameda
21h Baile amenizado polo grupo Nazaret, de Ourense, na Barreira
00.00h Espectáculo de Pirotécnia, a cargo de Josman, no Campo de Vilanova

Luns 11
20h Concerto a cargo da agrupación Coral Arnoia, na igreza de San Bieito

Actos relixiosos
do 2 ao 10. Novena de San Bieito ás 19.30h
Domingo 10. Misas ás 9, 10h, ás 11h procesión e ás 12.30h misa solemne
Luns 11. Misas ás 8.30, 11, 11 e 19.30h. Ás 12h misa solemne.

SOURCE: Festas San Bieito Allariz