Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 168

A portada, desta vez trae varias das festas que se celebraron e se celebrarán na nosa provincia neste verán, ademais do programa de actividades de verán de varios concellos. Tamén recordamos que ata o día 22 pódese participar na 38ª edición do «Taichi na rúa».

Outro dos temas destacados desta semana é o de que xuíz permite o cambio de sexo, no Rexistro Civil, a un neno de oito anos; de «grande vitoria» considera a nai esta decisión xudicial. A Xunta quere impulsar o casco histórico, e para elo busca a propietarios de inmobles deshabitados para destinalos a promoción pública.
A Xunta solicita a licenza de obra para o novo CIS; o orzamento previsto para a licitación da obra superará os 10 millóns de euros.

O BNG de Barbadás pide máis prazas do servizo “bos días cole”, para facilitar a conciliación das familias. Aprendendo a conservar produtos da horta son os obradoiros que se celebrarán ao longo do mes. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, plantexou ao subdelegado do Goberno a creación dun posto da garda civil no municipio.

O xeodestino Celanova-Xurés, candidato a Destino Turístico Intelixente; aspira a captar fondos europeos de recuperación Next Generation. Álex Mínguez, experto micolóxico, recibe o certificado de profesionalidade.

Unión entre Allariz e Rosalía de Castro; firman un convenio concello e a Fundación. Beirarrúas para a estrada de Santa Mariña; as obras completaranse co soterrado do cableado, axardinamento de espazos e maila instalación de mobiliario urbano.

O Pereiro agarda ampliar o seu polígono, actualmente non hai parcelas dispoñibles. Deputación e 20 concellos firman un convenio para evitar a exclusión dixital; para facilitar a solicitude de axudas sociais a persoas sen habilidades tecnolóxicas.

Cartelle prepárase para o seu maratón feminino; disputarase do 8 ao 10 de xuño. O Concello de Ourense ofrece ioga termal na Burga de Canedo – Outariz durante todos os martes do verán.

Ocio, clasificados, opinión e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 168