"É o adestrador ideal para o ascenso”, asegura a presidente da entidade, Juan Carlos Francisco.

O Verín CF renova a Juanjo Vilacha

Juan Carlos Francisco, presidente do Verín Clube de Fútbol, presentou ao equipo técnico que perseguirá, como así o deixou claro na rolda de prensa, o ascenso de categoría. No mesmo acto tamén se anunciou o calendario de pretempada que se inaugurará o vindeiro 13 de agosto na vila verinense, nun triangular no que participará a Unión Deportiva Ourense e o Bragança portugués.

Francisco Rivera, na presentación do corpo técnico, reafirmouse no claro obxectivo que fixa a dirección para esta tempada 2022–23. “Todos sabemos ao que vimos aquí. Este é un clube humilde pero que precisa dar pasos cara adiante en prol de acadar a categoría axeitada”, subliñou.

O presidente do Verín Clube de Fútbol deu a benvida a “Juanjo” Vilachá, que por segundo ano consecutivo dirixirá ao vestiario verinense. “Deséxoche toda a sorte do mundo, porque a túa sorte será a nosa. Sabes que estamos facendo as cousas coa mellor vontade posible, que estamos facendo todo o que está nas nosas mans para ter un plantel das máximas garantías e este ano non podemos fallar”, indicou Juan Carlos Francisco.

SOURCE: Verín CF