Os interesados poden presentar un deseño creado en base a debuxos, imaxes, palabras, frases, números ou calquera ouro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira, ou en ambas.

O Concurso de Camisetas contará coa actuación de “El Pirata” de Rock FM

Que a mocidade se involucre na Festa do Pulpo e se contaxie do espírito dunha celebración que estrea a declaración de interese turístico internacional. Nesta edición número de 60 o Concurso de Camisetas volverá a ser un dos pratos fortes da programación. Será o sábado día 13 de agosto e, polo de agora, xa son preto dunha vintena as peñas inscritas para participar, se ben o prazo para entregar a documentación remata o mércores. Nas bases establécense as normas que rexerán o certame e poden consultarse nas redes sociais do Concello do Carballiño. Os interesados poden presentar un deseño creado en base a debuxos, imaxes, palabras, frases, números ou calquera ouro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira, ou en ambas.

Cómpre destacar que a participación está aberta a todos os colectivos que o desexen, sen límite de idade sempre que o responsable da agrupación teña máis de 18 anos. En canto aos premios, establécese un único ao mellor deseño e dotado con 200 euros para a camiseta que reciba máis votos. O resto das que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha. As camisetas de cada peña serán expostas na praza Maior o día 13 de agosto, a partir das 17.00 horas. Agárdase superar o récord de participación do 2019, tendo en conta que non se puido celebrar nos últimos dous anos por mor da pandemia.

Unha actuación estelar
En lugar do desfile das peñas, o Concurso das Camisetas contará este ano cunha actuación estelar. Pablo Ordúñez, máis coñecido como El Pirata, protagonizará un espectáculo na praza Maior, a partir das 20 horas. O locutor da emisora Rock FM ofrecerá grandes doses de música e humor. Dende o Concello do Carballiño anímase a todos os participantes no certame a sumarse á súa actuación.

SOURCE: Concurso camisetas Festa Pulpo