Bate un novo récord ao preparar a tapa de pulpo máis grande do mundo.

O Carballiño supérase a si mesmo

O Carballiño bate un novo récord ao preparar a tapa de pulpo máis grande do mundo: 515 quilos cortados en 11 minutos.

Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño están feitos dun pasta especial. Quedou demostrado na praza Maior, onde se coceron a temperaturas extremas 515 quilos de pulpo, 15 máis que na edición do 2019, para bater un novo récord coa tapa máis grande do mundo. Unha trintena de profesionais cortaron o cefalópodo en once minutos, tamén a mellor marca ata o momento. Foron moitos os veciños, veciñas e visitantes que quixeron acompañalos neste día histórico, xa que o novo récord chega coa declaración de festa de interese turístico internacional. Da tapa, cun prato de 5,37 metros de diámetro, deron boa conta os asistentes na degustación posterior.

O Carballiño está a vivir uns festexos como os que se recordaban, cunha programación que comezou o día 1 de agosto. Nesta edición número de 60, o Concurso de Camisetas do sábado volverá a ser un dos pratos fortes da programación. Un día despois, o 14 de agosto, celebrarase o día grande da Festa do Pulpo.

SOURCE: Tapa pulpo Carballiño