Dispútase este domingo, 9 de outubro, sobre un percorrido de 48 quilómetros.

Preto de 400 inscritos no Trail Ribeira Sacra

A 6ª edición do Trail Ribeira Sacra reunirá o domingo día 9 a preto de 400 deportistas nacionais e internacionais en Nogueira de Ramuín.

Corredores de España, Portugal, Italia e Suíza
A cita, que reunirá a 360 deportistas procedentes de 13 comunidades autónomas, ademais de Portugal, Italia e Suíza.

Ás 08 horas deste próximo domingo, os participantes sairán da praza de Luíntra para percorrer un circuíto de 48 quilómetros, cun desnivel de 3.450 metros positivos atravesando lugares como o Castro de Moura, os Miradores da Lampa e Pé do Home. Haberá trofeos para os tres primeiros deportistas, na categoría masculina e feminina, tanto da clasificación xeral como de veteranos, así como tamén un galardón especial ao corredor ou corredora máis lonxevo a ao club con máis finalistas. O trail rematará, tamén na praza de Luíntra, coa gastroexperienciaTRS, da man do recoñecido cociñeiro ourensán Paco Gómez, que ofrecerá unha degustación de produtos da terra.

Tecnoloxía e accións sostibles
Nesta edición, o Trail Ribeira Sacra aliase coa tecnoloxía poñendo a disposición dos deportistas unha aplicación especializada en carreiras de montaña -Gretel Planner-, que ofrece información técnica con todo detalle do circuíto, permitindo planificar tanto ritmos como necesidades nutricionais. A través doutra plataforma -Saudeter-, familiares e amigos poderán seguir en directo aos corredores. Por outra banda, a organización vén de impulsar accións sostenibles co obxectivo “residuos Cero”, utilizando cintas biocompostables e eliminando o uso de vasos de plástico nos avituallamentos.

SOURCE: Trail Ribeira Sacra