Terá lugar o 22 de outubro.

Muíños albergará a “Gladiator Race”

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a terceira edición da “Gladiator Race” que desafiará aos mellores corredores do ámbito nacional-.

A “Gladiator Race” regresa á provincia e faino cun formato único en España neste 2022, ofrecendo aos participantes un percorrido de 5 quilómetros e con máis de 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis. E, todo elo, desenvolverase no complexo turístico do Corgo, en Muíños, en pleno corazón do Parque Nacional do Xurés.

O evento, que xa foi todo un éxito no 2021, celebrarse o vindeiro 22 de outubro en horario nocturno, a partir das 20 horas, polo que os participantes estarán obrigados a levar frontal luminoso xa que o 90% do percorrido estará sen iluminar. Trátase dunha experiencia que está aberta a todo tipo de público e que se poderá disputar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

Inscricións
Os interesados en participar poderán anotarse a través da páxina web: https://www.deporticket.com/web-evento/7667-gladiator-race-night-edition.
Para máis información sobre o evento: www.gladiatorraceoficial.es.

SOURCE: Gladiator Race