«Allariz de Medo» chega a súa sexta edición

O Concello de Allariz celebra a sexta edición do Allariz de Medo, coincidindo coa festividade de Samaín, recuperada da antiga tradición celta. Ánimas, meigas e seres do máis alá xuntaranse unha vez máis en Allariz durante a fin de semana do 28 de outubro e o 1 de novembro polas rúas do casco histórico. A ambientación das rúas estará acompañada por varias animacións durante estes días.

Repetirase a iniciativa o Xardín das Cabazas que estará localizado na praza do Matadoiro dende o venres 28 ata o domingo 1, para que as crianzas coloquen a súa cabaza de Samaín. Segundo a lenda de Samaín as cabazas colocábanse iluminadas nos muros para que as ánimas que regresaban na noite de defuntos lembraran o camiño de volta.

O venres 28 comezará a programación cun Roteiro de Ánimas Infantís que partirá do alto da rúa de Santo Estevo e rematará no Alto do Portelo. Os nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, que queiran participar deberán anotarse no formulario que se atopará en allariz.gal/allarizdemedo. A capacidade do roteiro será limitada, e será ás 20h.

O sábado 29 as actividades comezará xa de mañá co Contacontos «Contos de medo que deixan durmir» de Caxoto Cativo será ás 12 h. na praza do Matadoiro. Pola tarde teremos un obradoiro de decoración de cabazas, aqueles cativos que queiran participar deben apuntarse a través do formulario que está dispoñible na web allariz.gal/allarizdemedo/. Haberá dúas quedas entre as 18 e as 20 horas, prazas limitadas.
Xa para a mocidade a partir das 23 h no campo dos brancos estará a Discomóbil Apocalipsis, con DJ Markox Gon e Dj Paolo Seone que porán a nota musical neste sábado de medo.

O domingo 30, haberá animación de rúa que percorrerá as rúas de Allariz animando a vivos e non tan vivos.

O luns 31 a Santa Compaña visitará as rúas de Allariz de 19 ás 20 horas no previo a noite de defuntos e logo haberá música para todos os públicos na praza Maior, para amenizar a noite defuntos. Será a partir das 23 horas ata a a unha da madrugada a cargo da Discomóbil Space.

Para máis información sobre as actividades, localizacións das ambientacións e demáis poderase consultar todo en allariz.gal/allarizdemedo/