O Centro Comercial celebra tres días de festividade de Tódolos Santos.

Halloween en Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella celebra Halloween e organiza para estes días varias actividades. Na oferta de animación non poden faltar os obradoiros infantís “terroríficos” de 18 a 20:30h na planta baixa (luvas Monstruosas, o 28 e 29) e Tortitas de Halloween (luns 31).

O sábado 29 terá lugar un obradoiro de maquillaxe e caracterización de “Catrinas e catrines” de 16:30 a 19 horas, onde profesionais maquillarán e farán retoques a todo o que o desexe.

O luns 31 terá lugar unha sesión de Contacontos Halloween do centro de formación Kids&Us ás 12:30, dous shows de maxia de David Mestre, ás 11:30 e ás 18:30; e un obradoiro de maquillaxe e caracterización de temática de personaxes de terror de 16:30 a 19 horas.

SOURCE: Ponte Vella Halloween