Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 175

Nesta ocasión a portada trae a apertura de Xantar que este ano chega a súa 23ª edición e se prolongará ata o domingo, 13 de novembro.
Ademais, Ourense vivíu a noite máis «terrorífica» co Samaín, na que milleiros de ourensáns disfrazáronse para a ocasión. E a carreira popular do San Martiño xa conta os días para a súa celebración que será o domingo, 20 de novembro.
Tamén, en páxinas centrais, traemos o calendario do Mundial de fútbol de Qatar 2022.

O Concello de Ourense celebra un magosto repleto de actividades cun magosto popular na praza Maior a partir das 18 horas deste venres, 11 de novembro, e a actuación estelar -en dúas quendas- da orquestra Panorama.

Falando de magostos, quen tamén organiza o seu é o Concello de Xinzo de Limia con música, foliada e castañas de balde.
Seguindo en Xinzo, Edelmiro Martínez Cerredelo “Miro”, cronista e historiador foi nomeado fillo predilecto e recibiu a Medalla do Concello.
Un investimento de seis millóns de euros permite a construción de novos pozos para o regadía da Limia. O Concello ten previsto o peche ao tráfico do Casco Vello durante as fins de semana e festivos.

Un novo obradoiro para a Mancomunidade Terras de Celanova con 20 alumnos, e baseado na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Catro décadas de divulgación de cogomelos truxeron a Celanova diversas actividades para conmemoralas.

Unha feira para enxalzar os produtos do outono; a Feira de Outono celébrase en Allariz o 12 e 13 de novembro. Melloran os datos de reciclaxe en Allariz; a taxa de mellora ronda o 6%.
Cúmprense 12 anos de intervencións arqueolóxicas na Cibdá de Armea. Este ano, invístense 70.000 euros, dos cales 25.000 apórtaos a Xunta; outros tantos a Deputación, e o resto o Concello de Allariz.

Deportes, ocio, clasificados e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 175