O espertar de Nora e Aftersun, o novo do Cineclube Padre Feijoo

Regresan as proxeccións ao Cineclube Padre Feijoo con dúas proxeccións para esta semana. A primeira delas (O espertar de Nora) será no lugar habitual –Casa da Cultura (c/ Concello, 11)-, mentres que a segunda será nun novo emprazamento o Teatro Principal na rúa da Paz.

O espertar de Nora
Luns, 16 de xaneiro. 20.30 horas na Casa da Cultura (r/ Concello, 11).
Entrada: de balde para socios; 2,5 euros para non socios.

Nora está sempre mirando en silencio: nas festas, na escola, na piscina e nos tellados. Nora adoita pasear polos aburridos e monótonos bloques de apartamentos coa súa irmá maior e os seus amigos, sempre observando. As mozas que queren ser delgadas e atractivas, os rapaces que din parvadas para tentar provocar ou porque están namorados. As desapiadas cámaras dos móbiles e os fráxiles adolescentes que nelas se diseccionan. Pero Nora ten a súa propia forma de ver o mundo e cando coñece a Romy decátase do porqué. Escoita música no aire, o corpo de Nora está cambiando, coma unha bolboreta a piques de escapar do seu casulo. O primeiro amor de Nora marcará o inicio dun verán de intensos cambios.

Aftersun
Mércores, 18 de xaneiro. 18 e 21 horas no Teatro Principal de Ourense (r/ da Paz, 9).
Entrada: 5 euros.

Sophie (Francesca Corio / Celia Rowlson-Hall como Sophie adulta) reflexiona sobre a alegría compartida e a señardade privada dunhas vacacións que tomou co seu pai (Paul Mescal) 20 anos antes. Recordos reais e imaxinados enchen os espazos entre as imaxes mentres intenta reconciliar o pai que coñecía co home que nunca coñeceu.