Gran acollida do recital poético

Organizado polo movemento Nós, a xente do redor.

O venres, 24 de marzo, preto dun cento de persoas xuntaronse para gozar dun recital poetico musical no Centro Cultural Marcos Valcarcel, organizado polo EPAPU de o Couto e o Movemento Cultural Nos, a Xente do Redor.

O evento coordinado polo director Avelino Jácome, contou coa colaboración das poetas Olga Novoa, Fina Rodriguez Cruz, Victoria Berjano Cid, Piedad Valencia e Marina Sánchez que tamén foi a encargada de presentar o acto, da parte musical encargouse o compositor e tamen poeta Armando Gónzalez.

Unha hora declamando composicions poeticas propias ou de poetas consagrados fixeron gozar ao numeroso publico, que se sumou tamen o recital improvisando declamacions ou cantando poemas musicalizados, ben coñecidos.

Entre o publico o profesorado do EPAPU e distintas personalidades,o vicepresidente da Deputacion Rosendo Fernandez, o pintor Miguel Ángel Martinez Coello ou o escritor e critico Javier Enériz colaboradores habituaís da revista cultural Nós, a Xente do Redor.

O acto rematou con todo o publico cantando «A Rianxeira» nun estoupido para celebrar a alegria da vida e a chegada da Primavera.