Barrios 182

Xa está na rúa un novo número de Barrios.

A portada, nesta ocasión, trae o Bono Comercio de 100 euros que o Concello de Ourense facilita a todas as persoas censadas no concello. Do 21 de abril ao 1 de maio chega a sétima edición do Concurso de Pinchos – Sabores de Ourense con medio cento de locais que participarán na iniciativa.
O Padroado da Fundación San Rosendo premia ao artista Buciños co premio «Celanova, Casa dos Poetas». Xinzo, homenaxea a Genoveva Vázquez Calviño «a partureira do pobo».

Os partidos comezan a presentar as súas propostas de cara as eleccións municipais do 28 de maio. Esta fin de semana Expourense énchese de coches no 5º Car Outlet Ourense con máis de 400 coches de ocasión. O Concello de Ourense presentou o «Rueiro en feminino».

Xinzo súmase á iniciativa «Únete ao reto» co que pretenden reciclar un 10% máis -de bricks, plásticos e latas» nos contedores amarelos. Escola Rural de Saúde da Limia únese ás homenaxes de Genoveva Vázquez Calviño. A médica Cristina Margusino recibiu a Medalla do Concello de Xinzo de Limia.

O PSOE de Celanova confirma a Teresa Barge como candidata a álcaldía. Celanova volve participar no programa universitario de maiores da Universidade de Vigo con tres seminarios para maiores de 50 anos.

Reunión para ultimas os detalles da Festa do Boi que se celebrará do 3 ao 11 de xuño. O Festival Internacional de Xardíns de Allariz ten elexido tema para a edición de 2024; “O xardín é unha obra de arte” será o título da 14ª edición.

O Arenteiro pode cantar o alirón esta fin de semana no estadio do Couto diante do Ourense CF e ascender á Primeira RFEF. A Correndo por Ourense regresa este mes coa carreira do Vinteún.

Provincia, artigos, ocio, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha