Barrios 186

Na rúa o novo número de Barrios.

Xa está na rúa un novo número de Barrios onde a fotografía de portada titúlase «Gran pacto ourensano», en alusións aos posibles pactos aos que puideran chegar as forzas políticas tanto no Concello de Ourense como na Deputación.
Ademais, entrevistamos a Lola Doporto, artista na que no seu último proxecto favorece á AECC.

Tamén falamos de como quedaron confeccionada as corporacións municipais en Xinzo de Limia (co PSOE como a primeira forza máis votada en toda a historia) e Celanova (no que un erro no reconto telemático obriga a CD a presentar un recurso á Xunta Electoral).

Cáritas advirte: o emprego xa non é un mecanismo inclusivo suficiente; a entidade presenta a memoria de 2022. Catro anos máis para Marisol Nóvoa, que foi reelixida como presidente da CEO.
O Vinis Terrae cumpre obxectivos; mantivéronse 720 citas de negocio.

Xinzo énchese de deportes este verán; o deporte base será un dos protagonistas.
Un campus para conciliar; están abertas as inscricións para o Campus de Verán de Xinzo.
Unha exposión mostra imaxes de incendios que asolaron Galicia; membros do colectivo Ollo cederon as súas fotografías que se poderán ver durante todo o mes na rúa Curros Enríquez -na contorna da Subdelegación do Goberno en Ourense-.

Os días 16 e 17 de xuño celébraso o 56º Rally de Ourense. O día 11 o Correndo por Ourense deixa as rúas da cidade e trasládase a Oira para celebrar un trail que levará aos participantes ata Santomé.

Artigos, clasificados, ocio e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha