Barrios 187

Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Despois do 28M, despois de reunións, chamadas, acordos e un pacto,… a cidade de Ourense xa ten alcalde. Gonzalo Pérez Jácome foi reelexido para os próximos catros anos. Tralas duras negociacións, finalmente, o acordo PP-DO saiu adiante e DO terá a alcaldía e o PP gobernará na Deputación. Unha Deputación que non será presidida por Manuel Baltar tralos escándalos automobilísticos das últimas semanas. Esta renunción pon fin a 33 anos de goberno Baltar no ente provincial.
Ademais, deron comezo as Festas de Ourense que terán lugar do 21 ao 25 de xuño.

En Barbadás e Verín, Xosé Carlos Valcárcel e Gerardo Seoane repiten como alcaldes. Esta fin de semana celébrase o Salón do Vehículo Clásico en Expourense. No FIC de Verín, Pepe Viyuela será un dos seus protagonistas. O 2º FLAZ de encontros literarios terá lugar en Allariz os días 30 de xuño e 1 de xullo.

En deportes, «Cohete» Suárez logra a vitoria no 56º Rally de Ourense. A Xures Bike Tour reuniu a 200 ciclistas pola Baixa Limia. O Correndo por Ourense estrea o Trail Oira Santomé.

Artículos, clasificados, ocio e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha