Barrios 189

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

A portada deste número trae a Luis Menor, alcalde do Pereiro, proclamado presidente da Deputación Provincial de Ourene. O alcalde de Ourense, Pérez Jácome, desvelou cal vai ser a folla de ruta no seu mandato 2023-2027 no Concello de Ourense. Xa se coñece o cartel da Feira do Viño de Monterrei. E Javier Gurruchaga actúa o sábado 22 de xullo en Celanova no «Rock Entre Pedra e Poesía».

Este domingo, 23 de xullo, hai eleccións xerais e en Ourense, BNG, PP e PSOE dispútanse o cuarto diputado (todo fai indicar que PP ten asegurado dous e PSOE, un). O 23 de setembro, terá lugar no explanada da Biblioteca Nós a xura de bandeira (para quen queira apuntarse) e se fará homenaxe ao Rexemento Zamora 8, que estivo na cidade durante anos. O Campamento Urbano Amencer celébrase do 31 de xullo ao 10 de agosto.

Do 22 ao 25 de agosto terán lugar as Festas da Ponte, mentres que o 31 de xullo celébrase o «Xoldra de Aguiar» con diversión para os máis cativos e música no que Lamatumbá regresa aos escenarios.

En Barbadás organizan o tempo de lecer con «Os xoves son cultura». Ademais, o concello actualiza o seu rueiro co Catastro. En canto ao novo Goberno este estará conformado polos edís do PSOE e o de DO.

En Verín, deuse a coñecer o cartel do FIC Vía XIV deste ano. Aever organiza o 4 de agosto a actividade «Móllate polo Comercio». Os días 28 e 29 de xullo chega unha nova edición da «Batucada Verín».

O Scape Room «O circo do silencio» fará parada en Verín. O Teatro Principal deu a coñecer a súa programación para o segundo semestre do ano. Ruth Vidal gaña o Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense.

Deporte, artigos, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.