A sostibilidade pasa polo Camiño de Santiago

A Xunta traballa no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027.

Para a Xunta de Galicia un dos obxectivos que ten moi presente na súa folla de ruta, desde hai décadas, é a sostibilidade no Camiño de Santiago. Este concepto foi introducido no Plan Director dos Camiños de Santiago 2015-2021 que, agora, dáselle continuidade tendo no horizonte o vindeiro Ano Santo 2027 co Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027. Este plan posto en marcha polo Goberno galego refórzase con 66 millóns de euros.

Bases
Traballos que incluiron importantes avances en cuestión de xestión ambiental, eficiencia enerxética ou hídrica, pero tamén desde o eido da sensibilización tanto de peregrinos como residentes sentaron as bases que procuran devandita sostinibilidade.
Realizáronse traballos de catalogación do patrimonio natural e biodiversidade do Camiño de Santiago; a posta en marcha dun plan de residuos na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago como modelo demostrador; impulsouse a compostaxe no rural e leváronse a cabo varias tarefas de concienciación entre os peregrinos para a separación de residuos e uso de bolsas biodegradables axustables ás mochilas, foron algunhas das medidas postas en marcha.
A auga, tamén é un factor determinante para a sostibilidade, por iso e para darlle un uso eficiente cóntase cun protocolo de potabilización das fontes e a colocación de válvulas temporizadas en albergues públicos para a diminución do consumo. Estes son outros dos aspectos realizados e que se reforzarán nos vindeiros anos no mencionado Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027.

Hospitalidade
As últimas sondaxes falan de elevados niveis de aceptación dos galegos ante a actividade turística, e para isto é clave a sostibilidade. De feito, os últimos datos da Enquisa de Residentes que realiza de xeito anual desde 2020 a Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia para analizar a percepción dos galegos ante a actividade turística e os seus impactos, así o revelan.
para engadir máis datos, nos últimos anos, entre o 86% e o 90% dos galegos valora de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia. Son porcentaxes que apenas varían desde o ano 2021 e que son maiores naqueles segmentos vinculados directa ou indirectamente co turismo, sendo tamén moi positiva no resto da poboación.
Se nos cinguimos a este mesmo ano 2023, a valoración é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto da poboación. Estas cifras permiten ter unha visión global da situación e animan a seguir avanzando para ofrecer un modelo turístico ordenado e sustentable que axude a repartir territorialmente os beneficios que o turismo ofrece e incrementar así o grao de satisfacción da sociedade galega.

Enquisa
Esta enquisa dirixida aos residentes na comunidade naceu como proxecto piloto no 2020 co obxectivo inicial de coñecer a intención de viaxe dos galegos en contexto de pandemia ao tempo que buscaba medir a súa percepción e valoración respecto da actividade turística e os seus impactos. Nos anos sucesivos e unha recuperándose paulatinamente o turismo, a enquisa estase focalizando na percepción do turismo.