Barrios 200

Xa está na rúa un novo e entroideiro número de Barrios.

Nesta ocasión a portada, como non podía ser doutro xeito, trae o entroido. Toda a provincia disfrázase estos días para festexar esta celebración tan senlleira.

Ademais disto, outra das novas de máis calado destas datas son as eleccións autonómicas da Xunta de Galicia. O PP de Alfonso Rueda pretende revalidar a maioría absoluta que o levaría a gobernar Galicia outros catro anos. En Ourense, Democracia Ourensana preséntase coa intención de ser chave no goberno da Xunta; cabe recordar que o reparto de deputados no Parlamento de Galicia no que se refire á provincia de Ourense son oito deputados para PP e tres tanto para BNG e PSOE.

Outra nova destacada é a manifestación de agricultores e gandeiros que protestan polas normas que chegan de Europa e que piden que o Goberno central os defenda.

O Programa ChegOU da Deputación permiter tramitar a axuda, polo novo nado, desde o hospital. Deputación e Renfe firman un convenio para o Programa Termalismo Social 2024 que permitirá viaxar en tres e estancias en balnearios da provincia.

En deportes, o máis destacado é o Campionato de España de Pista Curta que se celebra do 16 ao 18 de febreiro na pista de Expourense.

Ocio, artigos e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha