Barrios 202

Novo número de Barrios na rúa.

Nesta ocasión, e coincidindo co 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, falamos das activades en torno ao 8M que se realizan durante estos días en concellos da provincia.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, mostra a folla de ruta do Concello ata 2027 con todos os proxectos previstos.
Tamén na portada traemos o gran Campionato de España de Atletismo Short Track que se disputou en Expourense; e o fin do ciclo do entroido por este ano.

As eleccións autonómicas do 18 de febreiro fixeron que Alfonso Rueda (PP) revalide o seu cargo de presidente da Xunta de Galicia. En Ourense, o PP mantivo os oito deputados, o BNG sube ata os catro, e o PSOE baixa ata un deputado; Democracia Ourensá irrumpe no taboleiro político galego cun deputado no Parlamento de Galicia que será Armando Ojea.

A Valedora do Pobo visitou á Escola Rural da Limia. O Concello de Xinzo pagará as facturas atrasadas desde 2020. Os agricultores piden axuda para facer fronte ao que lles toca pagar do Plan de Regadío. Xinzo mellora pistas do rural e crea un Clube de Lectura.

Allariz organiza un Campus Multideporte en Semana Santa. Os veciños do concello incrementan a reciclaxe do vidro. E un novo ciclo de educación sexual xa está en marcha para alumnos.

O artista Xosé Cid doa o Trisquel de Castromao á Casa de Curros. Está aberto o prazo para solicitar espazos na Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes, que este ano está adicado aos dulceiros.
O Concello de Celanova aproba un orzamento de 4,6 millóns de euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da estrada autonómica OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa.
Os arredores do centro de saúde e da residencia San Carlos é o lugar elexido para que sexa un espazo sen fumes.

A “Tarxeta 8M”, da Deputación de Ourense, dá 1.134 euros a mulleres mozas que emprendan no rural.
Catro novos puntos de auga na provincia para a prevención de incendios. O polígono de San Cibrao contará cun aparcadoiro para 59 camións; ademais, disporá de duchas para mulleres e cámaras de seguridade.

Deportes, ocio, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha