Barrios 205

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión a portada trae o novo goberno da Xunta de Galicia encabezado polo seu presidente: Alfonso Rueda Valenzuela, que marcará os designios de Galicia durante o período 2024-2028. Ademais, entrevistamos ao cantautor Manoele de Felisa, quen actuará na sociedade cultural Albor o vindeiro venres, 3 de maio. Concello e Deputación dan os primeiros pasos cara a posta en marcha do transporte metropolitano. O plan CooperOU deixa en Verín 423.000 euros este ano.

O 6º Car Outlet vende 108 coches de ocasión en tres días que durou o salón e polo que pasaron 3.500 visitantes. Os «Sabores de Ourense» regresan do 23 de maio ao 2 de xuño.

O Pleno Infantil de Verín aborda a Axenda 2030; ademais, Adrián Colmenero Martínez foi elixido alcalde infantil. Verín acolle un seminario intensivo de interpretación avanzando do 26 ao 28 de abril.

Dúas novas empresas instálanse no niño empresarial de Barbadás, unha de aceites vexetais e unha asesoría especializada no sector cultural. O pleno reclama cubrir as vacantes de sanidade; tamén se aprobou modificar a ordenanza sobre animais domésticos. O Concello activa un plan para controlar a velutina colocando un cento de trampas para capturar as raíñas.

A Asociación de amigos do Camiño de San Rosendo, en colaboración con concello de Lobios, Bande, Muíños, Lobeira, Verea, Celanova, A Merca e San Cibrao pretenden convocar en Celanova a un milleiro de persoas co fin de reivindicar a declaración definitiva do Camiño de San Rosendo como Camiño Xacobeo.

Deportes, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha