Novo número de Barrios na rúa.
Semana intensa na nosa provincia con dúas actividades moi destacadas. Por unha banda, celebrouse na capital a procesión dos fachos da Virxe de Fátima con milleiros de fregueses chegados de toda a provincia. Ademais, a provincia énchese de actividades culturais para festexar o Día das Letras Galegas, que este ano adícanse a Luísa Villalta; especial será a Romaría Etnográfica Raigame que este ano celebra a súa 21ª edición en Vilanova dos Infantes.
O Goberno municipal de Ourense insta á oposición a que valoren a supresión da ORA. Tamén contempla a posibilidade de novos accionistas para o COB.
A DO Monterrei celebra o Día do Viño das Denominacións de Orixe de España.
Verín celebrou un pleno extraordinario este 13 de maio no que aprobou por unanimidade a modificación do aproveitamento de augas superficiais do río Támega para incluír o abastecemento para a localidade de Vilamaior.
Barbadás executará a reforma de catro rúas nos núcleos das Lamas, Loiro e A Valenzá.
Barbadás contará cun espazo que atenuará o riso de calor extremo e que incidirá na mellora da calidade do aire. Emprazarase no entorno do Regato dos Muíños.
En deportes, o Ourense CF ascende á Primeira Federación de fútbol, mentres a UD Ourense loitará no playoff por ascender á 2ª RFEF. O COB remata a liga e xa comeza a traballar de cara á próxima tempada. A andaina de Allariz homenaxea na edición de este ano a José García Calvo «Willy», gran precursor da andaina alaricana e das andainas na nosa provincia.
Provincia, ocio, artigos e máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha