Festa do Peixe de Bande

Celébrase na localidade da Baixa Limia os días 24, 25 e 26 de maio.

O Concello de Bande celebra a 53ª Festa do Peixe que este ano se celebra do 24 aso 26 de maio.

Todos os días poderase degustar os mellores pinchos na praza da Constitución

Programa
Venres 24 de maio
A inuaguración oficial terá lugar ás 20.30 horas coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Ás 21 horas, o actor Isi fará o pregón da festa.
21.30h. Actuación charanga Bicoia.
23.30h. Actuación Dj Tibu e Dj Giovanni.

Sábado 25 de maio
10.30h. Pasarrúas a cargo da charanga de Bande.
16.00h. Coreografías de patinaxe. Exhibición de carreiras de velocidade e saltos. Partidos de hockei (pavillón dos Deportes).
19.00h. Entrega de premios do concurso Peixiños (salón de actos do concello).
19.30h. Espectáculo para nenos «O Léon Azul». Programa «ler conta moito» (salón de actos).
20.30h. Charanga CLK (praza Maior).
03.00h. Disco Móbil DMR.

Domingo 26 de maio
08.00h. Xuntanza de pescadores participantes no Campionato de Pesca.
10.30h. Pasarrúas a cargo da charanga Os Bandiños.
12.00h. Procesión e misa solemne acompañada pola charanga Os Bandiños.
18.00h. Actuación da charanga Tamega (praza da Constitución).
19.30h. Degustación de peixes, empanadas e pan artesanal do forno de Vilar de Bande (praza da Constitución).