Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada, nesta ocasión, trae as Xornadas de Folclore que encherán de música tradicional de varios recunchos do mundo á provincia de Ourense do 12 ao 21 de agosto. Ademais, esta fin de semana celébrase en Verín a 17ª edición da Feira do Viño de Monterrei. E facemos un repaso das actividades da 24ª Festa do Esquecemento que se celebrará en Xinzo do 23 ao 25 deste mes.
«Móllate polo comercio» é a nova iniciativa da Asociación de Empresarios de Verín (Aever) na que se instalarán tobogáns de auga o 16 de agosto.
“Casperverk: música fóra da pantalla” dará inicio ao Festival Internacional de Curtas Vía XIV; unha das actividades desta edición será unha experiencia gastronómica gourmet da man de Begoña Vázquez.
As novas urxencias e o PAC de Verín, tralo verán despois dun investimento de 4,5 millóns.
A tortilla de pataca estará presente en Xantar 2024, coa celebración do primeiro campionato de Galicia deste tradicional prato.
Luz verde á construción de vivendas públicas; serán 64 na praza de Cambedo de Raia.
Continúan as actividades de verán de Celanova, mentres Allariz celebrará a Festa da Empanada do 16 ao 18 de agosto. Barbadás aproba unha aportación de 700.000 euros de fondos do Estado.
Novo Comité Executivo do PP de Ourense con Luis Menor á cabeza.
A Deputación de Ourense investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira, Laza, Piñor, Trasmiras, Xunqueira de Ambía e Os Blancos.
Pasatempos, axenda, clasificados, artigos e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha