Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada desta vez trae o comezo das obras do regadío da Limia que estarán rematadas para o verán de 2026; dous anos para que mude por completo o regadío no cultivo na zona da Limia; por este motivo falamos con Amador Saborido, presidente dos regantes da Limia. Fíxoselle entrega do premio «Celanova, Casa dos Poetas» ao editor Bieito Ledo. A «Aula Tecnópole», no parque Tecnolóxico, alberga a «Aula Newton» para que alumnos de toda Galicia aprendar a pilotar unha aeronave. Arrincou a liga para UD Ourense e UD Barbadás.
O curso comezou con 306 escolares menos na provincia de Ourense. A construción dun novo edificio unificará todos os servizos de Materno Infantil do CHUOU; as obras do novo edificio de hospitalización do CHUO. Actividades de educación e seguridade vial durante o curso escolar; estado e Xunta colaboran para levar este programa aos centros educativos do rural.
O Concello de Ourense presenta un proxecto para plantar 14.000 árbores; o Goberno municipal buscará a complicidade dos outros grupos e o apoio da Xunta.
Durante a Semana Europea da MobilidadeUnha os autobuses serán gratuítos na cidade. O pleno do Concello de Ourense do mes de setembro abre un novo curso político, logrando sacar adiante modificacións de crédito por valor de catro millóns de euros.
A unión de Alimagro e Prolimia congregan a máis de 10.000 visitantes en Xinzo de Limia. Ademais, Expofamilia supera as expectativas sendo o doutor Carlos González un dos grandes reclamos desta primeira edición. Comezaron as obras de reurbanización na beirarrúa dereita da rúa Dous de Maio.
Comezaron as obras para unha senda fluvial no Sampil. O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, xunto cos alcaldes da Mancomunidade Terras de Celanova, visitou o obradoiro de emprego ‘Terra de Benestar II’.
As bicicletas de montaña tomarán Allariz o próximo 29 de setembro, domingo, coa celebración da II BTT Allariz. O Concello de Allariz, a través da súa area de Deportes, pon a disposición da cidadanía a lista de actividades deportivas para a tempada 2024/2025.
A Deputación presenta o proxecto “AcelerOU» para impulsar a transformación dixital das pequenas empresas. Inscricións abertas para a “Tecnópole Divulga” dirixida a estudantes de 12 a 18 anos nas Aulas Tecnópole do Parque Tecnolóxico.
Deportes, ocio e cultura, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha