Barrios 229

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión a portada trae a visita que fixo a Raíña emérita, dona Sofía, a Ourense, con motivo do congreso da Federación de bancos de Alimentos que fixo en Ourense. Ademais avanzamos as obras que están a ter lugar na avenida de Portugal da capital. Este sábado, 31 de maio, Xinzo celebra as Vestalias. E Kid Mount presenta o seu novo EP «NeoAmor».

A undécima edición do Vinis Terrae está prevista para os días 2 e 3 de xuño. En crónica política, o alcalde de Ourense, Pérez Jácome, asegura que o concello conta cun remanente de 155 millóns.

En Xinzo, este domingo, 1 de xuño, celebra a cuarta edición da Feira das Mozas. Ademais, presentáronse as obras de mellora acometidas na rede de saneamento da vila. A Garda Civil celebrou os 181 anos de historia na praza Carlos Casares. Escolares galegos e portugueses únense en favor da natureza en Ponte de Lima.

O Rock Entre Pedra e Poesía trae a Los Secretos ao Claustro do Mosteiro de San Salvador o 22 de agosto. Irmandamento en Celanova entre os colexios Curros Enríquez; celebraron una xornada de convivencia arredor de 130 escolares.

Allariz adhírese á Rede de Cidades que Camiñan. O cambio climático centra o Festival de Xardíns de Alalriz que estará aberto ata o 31 de outubro.

Provincia, deportes, ocio, opinión e moito máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha