O Concello presenta a programación.
O Concello de Ourense presenta o programa de actividades das Festas de Ourense 2025, cunha ampla variedade de propostas que se desenvolverán desde o mércores, 18 até o domingo, 22 de xuño.
A contorna do Pavillón dos Remedios (rúa Pardo de Cela) será escenario de moitas das actividades, como o pregón de Luis Zahera, o espectáculo de drons, as actuacións das orquestras e dos cantantes Nil Moliner e Justin Quiles, e as sesións de DJs.
A programación inclúe tamén propostas como o mercado medieval (que estará na contorna da Ponte Vella), as atraccións festivas e a festa das cores (na zona do Barbaña), unha xincana inchable infantil (parque da Ponte Vella, A Ponte), a Feira do Libro (Parque de San Lázaro), os fogos artificiais, o Concurso de Pinchos ou os torneos de futbolín e breaking, entre outras.
A práctica totalidade dos eventos das Festas de Ourense 2025 contan con financiamento total do Concello, mentres uns poucos son de financiamento parcial.
Actividades na zona do Pavillón dos Remedios (Pardo de Cela)
Mércores, 18
Pregón de Luis Zahera, 22.30 h.
Espectáculo de 150 drons na Ponte Vella
Orquestra Olympus, de 21.00 a 22.30 e de 23.20 a 01.00 h.
Xoves, 19
OU MAMA (con Gramola). Gratuíto, cos DJs top Ballesteros, Kike Varela, Cristian RB, Pablo Marques e DMirón, 23 a 3 h.
Venres, 20
Concerto de Nil Moliner, 23.00 h. Gratuíto, con posterior sesión DJ.
Sábado, 21
Concerto de Justin Quiles. 23.00 h. Gratuíto (patrocinado pola Xunta de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo).
Verbena oitenteira, co mellor grupo español de versións, Assia, de 21.30 a 22.30 h e de 23.59 a 02.00 h, na Praza de Concepción Arenal.
Domingo, 22
Orquestra Cañón, de 21.00 a 23.45 h (con entrega dos premios do concurso de Pinchos de Ourense).
Fogos artificiais. 23.59 h (visionado desde a Ponte Vella, rúa Ribeiriño, A Chavasqueira e rúa Francisco Llorens) Patrocinado por KISS FM.
Outros eventos e localizacións
Festa das cores: para público infantil e adulto. Sábado, 19.30 h, no Parque do Barbaña (baixo a pasarela da Alameda). Gratuíta
Xincana inchable infantil, diaria e gratuíta, mércores, xoves e venres (de 17 a 20 h), sábado e domingo (de 11.30 a 13 e de 17 a 20 h), no parque anexo á Ponte Vella (A Ponte)
Atraccións festivas: mércores, xoves e venres (19 a 2) e sábado e domingo (de 17 a 2 h) na zona do Barbaña.
Mercado medieval, de mércores a domingo, de 11 a 1 da madrugada (agás o domingo, cando rematará ás 23 h), na contorna da Ponte Vella.
Feira do libro: de mércores a sábado, 11 a 14 h e 18 a 21.30 h, no Parque de San Lázaro.
Trofeo de Futbolín de Ourense. O sábado todo o día até a madrugada no pavillón anexo dos Remedios (con torneo exprés o día anterior, venres, ás 20).
II Breaking Cidade de Ourense “Fresh designs breaking battle”. O sábado de 16 a 21 h na contorna do Pavillón
Concurso de Pinchos de Ourense: do venres 13 ao sábado 21
Ademais, a fin de semana previa ás festas desenvolverase o Rallye de Ourense (13 e 14 de xuño), con arrincada/presentación no Parque San Lázaro, o xoves 12 ás 23:59 h. Esa mesma fin de semana, do 12 ao 15 de xuño disputarase o Torneo cadete de fútbol de Ourense con Real Madrid, Atlético, Porto, Celta, Bilbao, Pavillón… no estadio do Couto.