Festas e actividades culturais e deportivas encherán o verán en Allariz

A xente moza tamén contará con grandes propostas.

O verán en Allariz non estará exentos de actividades para todos os gustos e todas as idades. O concello presentou nestos días varias iniciativas festivas e culturais que encherán de actividades este período estival. Este periplo festivo iníciase coas Festas de San Bieito.

Verán Cultural
Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o municipio converterase nun lugar de encontro e convivencia onde se mesturan festas tradicionais, concertos, espectáculos escénicos, deporte, feiras e roteiros culturais.
Despois da celebración do FLAZ –Festival Literario de Allariz- e das fstas de San Bieito, a programación continuará en xullo con «Titiricircus», o venres 11, ás 20.30h na praza do Matadoiro. O domingo 13, actuación da agrupación folclórica «Lemavos» ás 12.30h. O sábado 19, partirá desde a Oficina de Información -20.00h-, o roteiro: Muíños e Curtumes. O terceiro torneo de fútbol 7 celebrarase o sábado 19 e domingo 20 no Campo do Seixo. A partir do 21 de xullo e ata o 15 de agosto terá lugar campaña Cibdá de Armea. O Día de Galicia, Allariz o celebra o xoves 24 nos Xardíns do Museo do Coiro co cuarteto «Par de Par» (21.30h) e a orquestra «Bravú Xangai – Os Saxofóns de occidente» (00.00h).
Agosto comezará coa «Fornada no Mato» o sábado, 20.00h, no Mato. A praza do Matadoiro acolle o venres 8 (20.30h) o espectáculo «Rogelio 3. La Fete». As Xornadas de Folclore chegan a Allariz o mércores 13 (22.30h) á Barreira, lugar onde se celebrará o Campionato de Billarda sénior (sábado 16) e infantil (xoves 21). O segundo roteiro cultural terá lugar o sábado 16 (20.00h).
Do 22 ao 24 chega unha edición da Festa da Empanada, que ademais de ofrecer este produto cunha infinidade de variedades, tamén celebraranse durante eses días outras actividades como: teatro (día 22 ás 20.30h na praza do Matadoiro); concerto de Budiño (día 22 ás 22.30h nos Xardíns do Museo do Coiro); o 33º triatlón Vila de Allariz (día 23 ás 18.00h na Alameda); e o concerto da orquestra Noverloura (día 23 ás 22.00 e 23.30 horas).
O domingo 24, ás 11.00h, o embarcadoiro da Alameda será o punto de encontro da 35ª Regata de Piragüismo; e ás 19.30h o Campo de Vilanova será o escenario do concerto de «Os d´abaixo – somos a pedra» a partir das 19.30 horas.
O Festival RiR de Curtas de Comedia estendarase do 31 de agosto ata o día 6 de setembro.
Seguindo con setembro, o xoves 4, a actividade «Ler conta moito» terá lugar na Praza do Matadoiro ás 19h. O Mercado de Artesanía «Arte de Man» estará ubicado na rúa Santo Estevo o domingo día 7; e a Feira dos Produtos Apícolas será o sábado 13. O útlimo dos Roteiros Temático celebrarase o sábado 20 (20.00h) tratará sobre o Castelo de Allariz (sáida desde a Oficina de Información). A 3ª BTT de Allariz está prevista para o domingo 28 ás 10.00h con saída desde o Campo de Vilanova. E as actividades rematará coas Xornadas de Carne de Boi que darán comezo o 26 de setembro e rematarán o 12 de outubro.

Verán na mocidade
O Concello de Allariz, a través da área de Mocidade, lanza unha nova edición do programa “Verán na mocidade”, unha proposta diversa de actividades culturais, deportivas e creativas pensada especialmente para mozos e mozas de entre 13 e 33 anos.
A programación desenvolverase durante os meses de xullo, agosto e setembro, cun conxunto de propostas que inclúen xogos nocturnos, obradoiros, campionatos e saídas organizadas. Aínda que todas as actividades están abertas á participación de persoas de calquera idade, no caso de límite de prazas, daráselle prioridade á mocidade.
Xogos nocturnos: aventura baixo as estrelas, trátase de noites para explorar, cooperar e divertirse cos grandes xogos organizados polas rúas e espazos do municipio. Celebrada a «Busca do Tesouro» o día 21 de agosto será o turno de «Atrapa a Bandeira».
A programación inclúe tres torneos para activar corpo e mente: en xullo, Volei na piscina; en agosto, Matraquiño; e en setembro, Billar.
Tamén haberá tres escapadas: do 15 ao 17 de xullo, As Mariñas e A Coruña: Costa Doce, pádel surf e visita á Irmandade da Fala; o 14 de agosto, Aquapark de Cerceda; e do 19 ao 21 de setembro, Terra de Trevinca: berrea dos corzos, planetario e subida ao pico.
En canto aos obradoiros estes serán: Customiza e dálle nova vida á túa roupa, o día 23 de xullo; Creamos o noso propio Scape Room, o 20 de agosto; e Xadrez: primeiros pasos!, o 10 de setembro.
As persoas interesadas deberán enviar un correo a mocidade@allariz.gal co título da actividade no asunto. Neste mesmo enderezo tamén se pode solicitar información ou resolver dúbidas.