Cinco concertos entre o 28 de xullo e o 1 de agosto.
Xa se contan os días para que a vila de San Rosendo acolla a undécima edición do Festival Hércules Brass Celanova. Unha cita que se desenvolverá entre o 28 de xullo e o 1 de agosto que contará con cinco concertos do máis alto nivel.
Cabe dicir, que nas 10 edicións anteriores, o número de persoas participantes no Hercules Brass rolda as 14.000. Para esta edición o éxito está asegurado, e os hoteis da zona xa teñen colgado o cartel de «completo».
Entradas
Xa están á venda as entradas e marcha a bo ritmos; tal é así, que o abono para todos os concertos (opción limitada) xa están case esgotados. A venda online é a través da web https://hercules.esmiturno.online/, e tamén se poden adquirir na Oficina de Turismo do Concello de Celanova e Libraría Conde.
O abono dos cinco días ten un prezo de 35 euros; as entradas diarias teñen un custe de 10 euros agás a do 31 de xullo que o prezo é de 23 euros.
Concertos
O día 28, 20.30h, actuación de James Morrison & Banda de Música de Celanova; o 29, 22.30h, James Morrison Quartet; o 30, 20.30h, Boston Brass; o 31, 22.30h, Mythos Abraham Cupeiro & Orquestra Gaos; e o 1 de agosto, 20.30h. Isabel Rubio, Adam Rapa, Boston Bras & Hércules Brass Ensemble.
Os concertos complementaranse con cinco días de actividades formativas para un centenar de estudantes procedentes de distintas comunidades autónomas. Clases de alto nivel da man dalgúns dos participantes nas actuacións e un seguimento continuo e individualizado que garante un acompañamento pedagóxico para o alumnado que xa leva participado en varias edicións consecutivas do festival.