Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión a portada trae un agosto que promete: por unha banda esá a presentación da Feira do Viño da DO Monterrei que se desenvolverá en Verín do 8 ao 10 de agosto; e pola outra a presentación das Xornadas de Folclore que actuarán en 16 concello da provincia entre o 11 e o 21 de agosto.
O Concello de Ourense aproba uns orzamentos cinco anos despois; e o alcalde e a tenente alcalde de Barbadás reúnense co presidente da Xunta para tratar temas de interese do concello.
En Verín a Batucada inunda as rúas da vila esta fin de semana. O Festival Internacional de Curtas presenta actividades paralelas ademais do seu cartel. O Pleno aprobou o inicio do proceso de desafectación do edificio do CEIP Princesa de España, paso previo e necesario para poder habilitar nel a futura gardería pública da vila.
A clínica Dentalnova, sita na rúa Concordia de Ourense, acolle a exposición “Sabor a salitre”. O “Concilia Verán” conta con 2.100 escolares, mentres que as bibliotecas continúan co “Ler conta moito”. O Centro Comercial Ponte Vella organiza obradoiros infantís durante todo o verán. A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración co Concello de Ourense, organiza coma tódolos agostos o seu Campamento Urbano “Cidade de Ourense” que este ano chega á súa 38ª edición. Este ano será do venres 1 ao mércores 13 de agosto.
Barbadás continúa co seu Plan de Obras e nesta ocasión toca na rúa Fonsillón. Os xoves volven ser os días elixidos para o «Verán Cultural» e o parque dos Patos a súa ubicación. Os campamentos contán con máis de 350 prazas para que as familias poidan conciliar.
O Concello de Barbadás convoca as axudas económicas para persoas celíacas ou con intolerancia á lactosa.
Deportes, ocio, opinión e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha