A partir das 18.30h na glorieta da familia (avenida de Celanova) do 31 de outubro.
A provincia celebra o 31 de outubro o Samaín, e Barbadás organiza unha serie de eventos para tal fin.
O Centro Adiante, Galiwork, Disco Verbena e TransNGS organizan, en colaboración co Concello de Barbadás, a 2ª Festa de Samaín, unha cita terrorífica con desfile, concurso de disfraces, baile e moitas sorpresas.
Todas as actividades terán lugar na avenida de Celanova (na contorna da Glorieta da Familia).
A partir das 18.30h a festa infantil contará cun desfile e concurso de disfraces, ademais de acutación dos nenos de MVT Galicia ás 20.30h.
A partir das 23.00 horas e ata as 03.00h festa con disco móbil Verbena. A festa contará con boliños preñados obsequiados polo Concello de Barbadás; tamén se contará cunha churrería.




