Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Na portada contamos o programa piloto que a Xunta vai levar a cabo en Ourense onde transformará locais en vivendas protexidas. Xunta e Concello firman un convenio para a construcción dun parque canino nunha parcela do parque Angelita Paradela. En Xinzo están en marcha as obras na N-525. A San Martiño agarda a 10.625 atletas que participarán na 48ª edición. A provincia despídese do Samaín pero xa está pensando nos magostos que se celebrarán por toda a provincia.
A Xunta presenta uns orzamentos que deixarán o ano que vén en Ourense 1.773 millóns de euros. Lola Doporto cede a súa obra «Toñita» á Asociación Española Contra o Cancro. Prosigue a campaña de vacinación da gripe e da covid19 na poboación galega.
Abrimos un novo espazo no que Armando Ojea Bouzo, deputado de Democracia Ourensana no Parlamento de Galicia, fala de temas de actualidade; nesta ocasión recomenda á Xunta a realizar unha forte inversión na provincia trala vaga de lumes sufrida no mes de agosto.
Xinzo acolleu a asamble anual de festas históricas europeas. O Concello xa convocou os Premios da Cultura 2025. Concello e hostaleiros manteñen reunión para perfilar a terceira edición do concurso de pinchos «Patapas».
Novo Punto Limpo Móbil eléctrico no Concello de Allariz. Esta fin de semana, no pavillón dos IES de Allariz, celebrarase a 29ª edición da Feira de Outono. Xa está presentada a programación que terá lugar en Allariz para conmemorar o 25N.
En Celanova ofertan unha morea de actividades culturais para este mes de novembro. O curso de Envellecemento activo e fenda dixital na Aula CeMIT foi un éxito rotundo. Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova celebra este mes as Xornadas de Memoria Antifascista sobre a Transición española.
Deportes, artigos, provincia, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha




