Barrios 243

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

A portada se engalana con motivos navideños para traer a programación de Nadal de Barbadás, Verín e Ourense, entre outros. Ademais, tamén tratamos un dos temas máis impactantes das últimas datas: a acusación de acoso laborar por parte dunha concelleira do Concello de Barbadás contra o seu alcalde, Xosé C. Valcárcel, quen nin dimite como rexedor nin deixa a súa acta na Deputación Provincial de Ourense.

A Zona de Baixas Emisións de Ourense é outro dos grandes temas deste final de 2025. Seis rúas convértense -total o parcialmente- en peatonais (Parque de San Lázaro, Bedoya, Valle Inclá, Cabanillas, avenida Buenos Aires e Arturo Pérez Serantes).

O Programa EsquiOU oferta máis de 1.000 prazas para que rapaces da provincia pasen uns días de esquí en Cabeza de Manzaneda. Pazolandia abre as súas portas ata o 4 de xaneiro.

Xestorías ourensás -como Marcelino Díaz- poderán realizar trámites na DGT a particulares. A Confederación de Empresarios de Ourense premia a traxectoria do tecido empresarial ourensán na súa gala anual.

En Barbadás seguen coas obras de mellora en todo o concello, no que ademais, crece a compostaxe doméstica. En Verín presenta un orzamento récord e este se elevan aos 16 millóns. A DO Monterrei abre novas liñas de promoción dos seus caldos.

Deporte, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha