Trátase de nove novos espazos.
Nove novos espazos libres de fume e aerosois repartidos entre A Valenzá e Barbadás. A iniciativa, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense, pretende reducir o negativo impacto do tabaquismo na poboación. “Trátase de parques, entornos de centros educativos e zonas deportivas moi frecuentadas pola veciñanza e onde queremos evitar a presenza de fume”, explica o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.
O entorno do CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro, as canchas do Paseo dos Amieiros, o Campo de Fútbol “Os Carrís”, o Parque da Solaina, o Parque dos Patos, o Parque do Tren e os arredores da Casa da Cultura e da Casa Consistorial son os nove espazos onde non está permitido o uso de cigarrillos ou vapeadores. “Esta medida protexe á poboación que non fuma, conciencia aos máis pequenos e disuade aos fumadores de facelo, protexéndoos tamén”, asegura Valcárcel.
O impacto do tabaco na saúde é claro: o 30% de todos os tipos de cancro están provocados por fumar, segundo os datos de AECC.




