O vindeiros, xoves, 19 de febreiro.
O vindeiro 19 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón Noble do Liceo de Ourense a presentación do libro «Unha batalla gañada» de Pablo Cid, unha obra que propón un relato real de loita, esperanza e renacemento, nacida dunha experiencia vital marcada pola enfermidade e polo contexto da pandemia da COVID-19, que deixou unha fonda pegada colectiva e persoal.
O autor, membro do Grupo Nós, A Xente do Redor, constrúe neste libro unha viaxe íntima que transita da escuridade ao alento, poñendo palabras a un tempo de illamento, medo e resistencia, no que a escrita se converteu tamén nun espazo de supervivencia e conciencia.
Na mesa de presentación, Pablo Cid, estará acompañado por persoas de recoñecido compromiso humano, literario e cultural: o médico e poeta Armando González; a poeta, activista cultural e creadora do Marina Sánchez Canal Cultura en YouTube, Marina Sánchez; e o editor e director do Grupo Nós, A Xente do Redor, Avelino Jácome, quen achegarán distintas visions da obra desde os ámbitos da medicina, a poesía, a divulgación cultural e a edición.
O acto está aberto a toda a cidadanía e preséntase como un encontro para compartir memoria, palabra e emoción arredor dunha historia de loita persoal que tamén dialoga cunha das maiores experiencias colectivas recentes.





