O cineclube ofrece este mes: «Si eu poidese hibernar», «M.A.S.H» e «Maspalomas», «1982: A aventura do Arousa I» e «Nouvelle vague».
Arranca o mes de febreiro con propostas moi interesantes do Cineclube Padre Feijoo. Ás súas sesións habituais únense o Ciclo Colexio de médicos que chega a súa undécima edición.
SI EU POIDESE HIBERNAR
Ulzii, un adolescente pobre pero orgulloso, está decidido a gañar un concurso de física para conseguir unha bolsa. Pero a súa nai, analfabeta, atopa un traballo no campo e déixalle cos seus irmáns en pleno inverno.
Día: Luns 2 de febreiro
Horario: 20.30 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: de balde asociados, 3 euros non socios.
M.A.S.H
Narra as aventuras de dous cirurxiáns do exército destinados a unha unidade móbil médica en Corea durante a guerra. Tanto eles como o seu equipo de enfermeiras tómanse o traballo moi en serio pero, no seu tempo libre, as bromas constantes e a ironía fan máis levadía a situación.
Día: Martes 3 de febreiro
Horario: 19.30 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: 4 euros público xeral.
MASPALOMAS
Logo de romper coa súa parella, Vicente (76) leva a vida que quere en Maspalomas: o seu día a día pásao deitado ao sol, de festa e na procura de pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla (Nagore Aranburu) a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si propio que cría resolta. Nesta nova contorna, Vicente deberá preguntarse se aínda está a tempo de se reconciliar cos demais… e consigo mesmo.
Día: Mércores 4 de febreiro
Horario: 18.00 e 21.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: 5 euros.
1982: LA AVENTURA DEL AROSA I
Documenta a viaxe do buque pesqueiro Arosa I á fosa atlántica para rexistrar as protestas contra as verteduras nucleares que alí estaban a suceder e denunciar esta situación ante o mundo.
Horario: 20.30 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: de balde asociados, 3 euros non socios.
«NOUVELLE VAGUE»
A historia detrás da creación do movemento cinematográfico francés coñecido como Nouvelle Vague, centrándose na produción da revolucionaria película de Jean-Luc Godard “À bout de souffle” (Ao final da escapada) en 1959.
Horario: 18.00 e 21.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: 5 euros.




