O investimento supera os 362.000 euros.
A Xunta de Galicias inviste máis de 362.000 euros nas obras de ampliación e reforma interior do CEIP Padre Crespo, no Concello de Xunqueira de Ambía.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o centro, acompañado da seu alcalde, José Luis Gavilanes, e así, supervisar as obras de ampliación e reforma interior parcial do centro escolar, nas que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional é a que inviste.
O delegado territorial explicou que con estas intervencións, búscase mellorar as condicións do centro educativo, ampliar os espazos tanto para o equipo directivo e administrativo como para o profesorado, reformar os aseos cun novo saneamento asociado a eles e mellorar a accesibilidade no edificio. Unha achega da Xunta para intervencións en infraestruturas escolares que aposten por un modelo de centros -segundo o delegado territorial- “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos nos que o alumnado poida estudar, socializar, xogar, facer deporte…”, en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.
Neste sentido, recalcou Manuel Pardo, que o obxectivo deste plan é dotar aos centros educativos da provincia de Ourense das mellores condicións para garantir unha educación de calidade, tamén desde o punto de vista das infraestruturas.
O representante do Goberno galego tamén salientou que con esta e todas as actuacións que ten despregadas polos máis de 1.600 edificios escolares da Comunidade, a Xunta reafirma o seu compromiso coa creación de espazos máis accesibles e sostibles, orientados a beneficiar a toda a comunidade educativa.
As obras
Manuel Pardo detallou que os traballos executados consistiron nunha ampliación sobre o patio cuberto que alberga unha aula, un despacho, unha sala de profesores e os aseos, que se trasladan desde a súa localización actual por ser extremadamente escasos en canto a superficie e claramente incómodos. Esta ampliación esixiu a creación dunha nova saída de planta, que se realizará por unha nova escaleira no exterior.
Tamén se levou a cabo a reforma dos aseos da planta baixa do edificio de administración, conseguindo ter así un aseo que, non podendo considerarse accesible.
Así mesmo, o delegado territorial explicou que na devandita planta situábase un despacho que se fixo lixeiramente máis pequeno. A cambio, abriuse un oco para mellorar a pobre iluminación natural actual, e un segundo oco na actual sala de profesores que pasou a ser a aula para necesidades especiais.
No edificio nordés destinado a aulas reformáronse os aseos, substituíndo as instalacións de abastecemento e saneamento, así como pezas e acabados. Tamén neste edificio, colocouse un trasdosado directo de placas de xeso laminado pintadas con illamento nas zonas das aulas con máis problemas de humidade por capilaridade.





