Un roteiro celebrará en Celanova o 8M

A Asociación de Amas de Casa “Ilduara” e a Asociación de Mulleres Rurais “San Rosendo” organiza o venres 6 de marzo de 16:00 a 19:00 horas un roteiro baixo o lema “Celanova: unha morea de BICs en feminino” guiado pola Fundación Curros Enríquez enmarcado na celebración do Día Internacional da Muller.

O percorrido, que non precisa de inscrición previa para a súa participación, incluirá visitas á Casa dos Poetas e a parte do Mosteiro de San Salvador de Celanova que se usa actualmente como dependencias municipais e centro sociocomunitario así como explicacións sobre o traballo que desenvolven as mulleres nestes espazos.
A saída terá lugar ás 16:00 na Casa dos Poetas onde falarase dos cinco Bens de Interese Cultural do Concello de Celanova: a Capela de San Miguel, o Mosteiro de San Salvador, a Casa dos Poetas, a Torre de Vilanova dos Infantes e Castromao.

Sobre as 17:00 no Concello de Celanova o persoal da Oficina de Turismo nos falará da evolución do uso desas instalacións, primeiro usada polos monxes, pasando por ser escola de nenas, casino-recreo e actualmente dependencias municipais. Teresa Barge, Concelleira de Igualdade falará das mulleres que actualmente traballan no concello, da presenza da muller na política local e das iniciativas destinadas a este colectivo.

A seguintes paradas serán o Centro sociocomunitario no que a súa directora Montserrat Sandiás tamén explicará o uso actual desa parte das instalacións e as actividades destinadas ás mulleres da vila; e a Aula Cemit, dirixida tamén por unha muller, neste caso Laura Fernández.

Rematarase sobre as 19:00 tras realizar a última visita que será a Torre das Campás.