Novo ascensor para a cidade de Ourense

Une os barrios da Ponte e o Vinteún.

O alcalde e o concelleiro de obras públicas, acompañados do equipo de goberno, inauguraron unha nova peza de accesibilidade vertical, concretamente na rúa Vicente Risco, para conectar a avenida De Marín e a avenida de Santiago. Con este elevador vertical sálvase unha diferencia de cota de aproximadamente 7,87 metros, mellorando a accesibilidade e movilidade peonil, dando ademáis solución ao uso da bicicleta que se pode transportar no interior.

O prazo de execución foi de sete meses sendo outra obra parcialmente subvencionada con fondos Next mediante Orde Ministerial do 17 de xullo de 2023 (BOE nº 175, do 24 de xullo de 2023) concédese ao Concello de Ourense unha subvención para o proxecto Move Ourense II «Mellora de accesibilidad vertical entre la Avenida de Marín e a Avenida de Santiago».
O presuposto foi de 368.937,03€ (Fondos propios 290.051,30 €, Fondos NEXT 78.885,73 €). O Concello de Ourense aporta el 73% e os fondos europeos, canalizados a través do Estado, un 27%.

Elevadores verticais
Trátase do oitavo sistema de elevación mecánico vertical de Ourense cidade, e quinto ascensor. Todas estas obras foron acometidas polo goberno do alcalde Gonzalo Pérez Jácome.
O Concello de Ourense rebautiza estas obras, denominándoas proxectos do – OUrense HOrizontal -, sustituindo ó anterior Ourense Vertical.