BNG, PP, PSOE e Celanova Decide son as formacións que presentan candidatura.

Entrevistas aos candidatos á alcaldía de Celanova

Entrevista José Luis Ferro. PP
Entrevista Leopoldo Rodríguez. BNG
Entrevista Julio Vázquez. PSOE
Entrevista Antonio Puga. Celanova Decide

Celanova contou con tres candidaturas (PP, PSOE e BNG) que se presentaron ás eleccións de 2015.Nesa ocasión o Partido Popular logrou unha maioría absoluta para formar goberno para os seguintes catro anos. Dos 3594 votos, 2015 foron cara aos populares; 824 para os nacionalistas; e 618 para os socialistas (63 foron nulos e 74 en branco). Iso fixo que o goberno encabezado por José Luis Ferro estivera composto por oito concelleiros, por tres do BNG, e dous do PSOE.

Catro anos despois as candidaturas amplíanse.
Ao principio parecía que Espazo Común (partido creado polo exsocialista Pachi Vázquez) concurriría nestas eleccións pero ao non poder formar a lista tomaron a decisión de non presentarse. Porén quen si o fixo foi Celanova Decide, liderado polo avogado Antonio Puga. Desta formación dícese que o Deputado do Parlamento de Galicia e exalcalde da vila, Antonio Mouriño está detrás. Non hai confirmación oficial pero o certo é que desde o Partido Popular sen nomealo apuntan a que así é.
As presentadas no 2015 -BNG, PP e PSOE- tamén estarán presentes. Leopoldo Rodríguez, José Luis Ferro e Julio Vázquez, encabezan as candidaturas.

O 26 de maio saberase se o Partido Popular continúa coa hexemonía na vila de San Rosendo, ou se polo contrario haberá cambio de cor no Consistorio. Haberá unha maioría absoluta? Serán necesarios os pactos? O 26M comezaremos a saber as respostas.