«A radio tradicional sempre está ahí cando é necesario. É un servizo moi ben estruturado que pode chegar a ser útil sen depender de satélites, internet ou 5G»

Entrevista a Fernando Casanova, membro colaborador de Remer Ourense.

Dez membros da Rede Nacional de Radio de Emerxencia (REMER) de Ourense recibiron, na Subdelegación do Goberno en Ourense, un diploma como recoñecemento á súa traxectoria neste organismo e ao desinteresado traballo que realizan, indispensable en situacións de emerxencia, como a vaga de lumes que asolou a provincia no verán pasado ou no apagamento que sufriu o país enteiro en abril de 2025.

Cal diría que é o papel real hoxe da REMER nunha sociedade tan dependente da internet e o móbil?
Fernando Casanova (F.C.): «Efectivamente somos moi dependentes de internet e de a telefonía e quizás por iso existe a REMER: Red de Radio de Emerxencias. Os radioafecionados tamén utilizamos sistemas que utilizan internet e incluso satélites pero nunca esquecemos ser autodependentes e prácticamente todos temos paneis solares, baterías e sistemas de radio que nunca fallan. Algo que a maioría de servizos de emerxencia non teñen porque utilizan sistemas que funcionan de forma moi efectiva pero moito máis vulnerables».

Con satélites, internet e 5G, por que segue sendo clave a radio tradicional?
F.C.: «A radio tradicional sempre está ahí cando é necesario. É un servicio moi ben estructurado que pode chegar a ser útil sin depender de satélites, internet ou 5G. Tendemos a pensar que internet, o teléfono ou os satélites nunca van fallar, pero hai moitos exemplos a nivel mundial que acreditan o valor da radio tradicional en moitos casos, incluso en países como EEUU, Alemania ou Xapón. Un dos exemplos máis recentes foi a guerra en Ucrania donde moitos radioaficionados da zona foron clave nas primeiras semanas do conflito».

Cal foi a intervención máis esixente que viviron en Ourense?
F.C.: «Fai anos a REMER foi decisiva durante o ciclón Hortensia en 1984 pero, sen dúbida, o apagón nacional de 2025 foi a intervención máis complexa na historia da REMER en Galicia».

En zonas rurais con mala cobertura, seguides sendo imprescindibles?
F.C.: «Cada vez hai menos zonas con mala cobertura, pero existen. Neste caso non somos imprescindibles, pero sí notamos, logo do apagón de 2025, que moita xente nos pide asesoramente para mercar walky talkies e como úsalos. De feito, moitos afecionados ao montañismo xa van comunicados gracias a os talkies porque saben que na montaña si hai zonas sen cobertura. Hai canais de emerxencia en frecuencias que son de libre uso e que todos deberían de coñecer».

Que tipo de emerxencias son as máis difíciles de xestionar desde o punto de vista de comunicacións?
F.C.: «A REMER ten en Ourense una rede de varios radioafeccionados en distintos puntos da provincia, e outros moitos no resto das provincias. Dispoñemos de 3 repetidores para emerxencias e outros 4 para uso xeral por si algún falla. Cada semana facemos practicas vía radio precisamente para que ningunha emerxencia sexa complicada de xestionar. O truco é estar ben organizados e ben comunicados. Somos expertos en comunicación e cada emerxencia é un reto e un momento para o aprendizaxe».

Durante o apagamento, en que momento se deron conta de que a situación era seria?
F.C.: «Pois cando escoitamos a radio convencional ou a outros radioafeccionados do país, decindo que tamén estaban sen luz. A os poucos minutos a Subdelegación do Goberno en Ourense, que é de quen dependemos, activou a REMER e moitos tivemos que deixar o que estábamos a facer para poñernos alerta con nosos equipos portátiles e nas estacións que temos nas casas.
Foi casi un día completo atendendo emerxencias. A Policía Local, a Garda Civil e moitos outros servizos quedaron sen comunicación e fomos requeridos, sobre todo pola Garda Civil na provincia. Moitos radioafeccionados visitaron centros de maiores, hospitais e concellos para ver si necesitaban grupos electróxenos ou algo e dar parte, con as nosas emisoras, a os cuarteis. Foi una noite moi intensa».

Que fallou exactamente nas comunicacións profesionais?
F.C.: «Os servizos de emerxencia normalmente se comunican a través de repetidores, moitos conectados a redes telefónicas. Si o repetidor queda sen suministro eléctrico, queda inutilizado. E foi o que pasou na maioría dos casos. Os walky talkys funcionaban pero non valían de nada sen o repetidor. Hai unha función chamada “Simplex” que permite ter comunicación sen necesidade dun repetidor pero seguramente nin a tiñan programada nin sabían como usala. Aparte de que o “simplex” non cubre toda a provincia, pero houbese sido algo a ter en conta aínda que a cobertura fora menos. O que fallou foi simplemente o pensar que estas cousas nunca van a pasar».

Que parte do sistema resistiu mellor do esperado?
F.C.: «Os sistemas de REMER, resistiron todos, foi unha proba de fogo superada con creces. Varios radioafeccionados estaban coordinando desde a Subdelegación do Goberno, outros estaban nas súas casas atendendo emerxencias e outros desplazándose en coche para facer de “informadores” a moita xente que estaba incomunicada».

Sacáronse leccións concretas que cambiasen protocolos desde entón?
F.C.: «Os servizos de emerxencias imaxinamos que sacarían boas conclusións por si volve a pasar algo así, que seguramente pasará. E si non, sempre poden contactarnos para asesoramento. En todos os países hai sistemas como o español REMER e moitas veces colaboran cos servicios de emerxencias».

Como se viviu o apagón por parte doutros radioafeccionados nacionais?
F.C.: «En alerta! Dos case 40.000 radioafeccionados que hai en España, moitos formamos parte da REMER, que é algo voluntario e forma parte do noso compromiso de ser útiles en caso de que o Goberno nos chame para actuar. Durante o apagón, cada comunidade e cada provincia xestionou as emerxencias según o caso. Neses momentos de inquietude sempre é mellor actuar localmente, aínda que cada semana facemos entrenamentos, tanto a nivel local como nacional «polo que poda pasar». Temos que ser capaces de manter as comunicacións pase o que pase, e sen depender da telefonía ou internet. A nivel nacional o apagón viviuse intensamente dentro da comunidade de radioafeccionados e hai centos de videos en internet sobre ese día. Casos como este poñén a proba incluso aos máis expertos e, sen dúbida, sempre tentamos estar preparados para atender as necesidades en materia de comunicacións».

Como pode facerse un radioafeccionado e colaborar?
F.C.: «O mellor é contactar coa nosa asociación en Ourense que ten un dos mellores radioclubs de España e está ubicado desde fai anos, gracias a colaboración do Concello de Ourense, no centro cívico de A Cuña».

Desde que pasou o apagamento, houbo un interese maior pola vosa asociación?
F.C.: «Desde que aconteceu o apagamento recibimos visitas e mensaxes de moitas personas interesadas en aprender de este mundo da “radio sen límites”. Gracias á radioafeción podemos ser útiles en emerxencias pero tamén, usar satélites, falar con astronautas ou aprender a escoitar os sons do universo, pero iso xa é outra historia».

Falando desa «outra historia», fai uns anos Ourense viviu un fito histórico ao contactar desde o colexio de Seixalbo coa Estación Espacial Internacional (EEI). Como se viviu ese momento?
F.C.: «Todos lembramos ese contacto en 2003. Foi a primeira vez que Ourense abriu os informativos das grandes canles de TV cunha nova positiva e «diferente». Foi a primeira vez na historia en que un astronauta español falaba con estudantes desde o espacio… e foi co colexio de Seixalbo. Todo un reto historico. Todo comenzou cuando a Axencia Espacial Europea contactou coa sede nacional dos radioaficionados en Madrid e deseguido pensaron na nosa asociación de radioafeccionados en Ourense porque sabían que xa colaboraramos coa NASA anos atrás.
Eleximos o colexio de Seixalbo pola sua ubicación, nun lugar con horizonte despexado. Estos contactos son parte dos programa educativos que NASA e ESA fan cada ano con multitud de colexios do mundo utilizando algunha das 3 estacións de radioafección que ten a Estación Espacial. E non descartamos repetir o evento con outro colexio da cidade nun futuro próximo. Eu tiven o privilexio de chamar desde Ourense a Pedro Duque no espacio para iniciar as preguntas dos estudantes».